O Festival Abanea leva a danza á contorna da praia de Portocelo, en Marín
Pontevedra
Jacobo Sutil calificou este evento como «unha das citas fundamentais da danza en Galicia»
08 Jul 2024. Actualizado a las 17:11 h.
Entre o 17 e o 21 de xullo, o Festival Abanea celebrará a súa terceira edición cun programa de danza e artes do movemento que distribuirá 16 funcións de dez compañías entre os concellos de Foz, Outes, Ames, Marín e Allariz co apoio da Xunta de Galicia. Deste xeito, ISMO Cultura, colectivo organizador do encontro, busca espallar deste xeito «a actividade do certame ás catro provincias e farao coa colaboración das localidades participantes e a través dun convenio asinado coa Consellería de Cultura».
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, destacou o feito de que este festival «vai camiño de consolidarse xa como unha das citas fundamentais da danza en Galicia». Así, puxo en valor a súa expansión, que este ano, sumando Ames e Marín, alcanza presenza en cinco localidades das catro provincias, continuando así co seu compromiso de descentralizar a súa proposta e de levar as artes do movemento a novos públicos, en liña coa estratexia definida no Plan Integral para a Danza de Galicia.
No caso de Marín, o 20 de xullo, a contorna da praia de Portocelo acollerá unha programación de espectáculos na que repiten Drauma, de Paulina Espinosa e Mariana Oliveira, e Pensar a contratempo, de Suevia Rojo, e Ven, coa da consolidada compañía galega La Macana.