La Voz de Galicia

A Cova dos Libros Fantásticos abre as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra

Pontevedra

L. Penide Pontevedra / La Voz

06 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Coa visita este xoves de Orbil botou a andar unha nova edición da Cova dos Libros Fantásticos no Pazo da Cultura de Pontevedra. Trátase dun «un espazo lector, de encontro e xogo, acondicionado para que as familias con nenos e nenas accedan aos máis de catro mil libros que conforman o fondo do Salón do Libro», destacaron dende o Concello de Pontevedra.

ADRIÁN BAÚLDE

Deste xeito, a mascota do Salón do Libro Infantil e Xuvenil foi o encargado de dar a benvida a todos os que se achegaron a unhas instalación que, nos próximo meses e ata o 21 de decembro, permanecerán abertas os luns e os xoves de 17 a 20 horas e os sábados de 11 a 13 horas. Tampouco cambio o feito de que, como vén sendo habitual, o acceso á Cova dos Libros Fantásticos é de balde mais compre formalizar o carné de socio para, amais de gozar dos libros no propio espazo, poder levalos emprestados para casa durante uns días.

ADRIÁN BAÚLDE

En canto á organización de actividades especiais, dende a organización salientaron o feito de que no presente mes de outubro vaise festexar o luns 14 o Día das Escritoras, o día 24 o Día das Bibliotecas e estase a preparar unha festa de medo para o xoves 31 polo Samaín. Por outra banda, puntualmente e por mor dos festivos do 12 de outubro ou do 7 de decembro, así como da celebración de outros eventos, caso de Etiqueta Negra ou do Culturgal, as instalacións permanecerán pechadas.


Comentar