La Voz de Galicia

Carlos Núñez desembarca en Pontevedra o 21 de decembro

Pontevedra

L. Penide L. Penide Pontevedra / La Voz

O artista vigués leva ao Pazo da Cultura a súa xira Celtic Sea. A travesía

15 Oct 2024. Actualizado a las 18:58 h.

Tras a publicación de Celtic Sea, o seu novo traballo discográfico, Carlos Núñez incorporase ao ciclo Resoan, que impulsa o Concello de Pontevedra, cun concerto no Pazo da Cultura o vindeiro 21 de decembro.

Inmerso na xira Celtic Sea. A travesía, o musico vigués entende que este disco «achega músicas inéditas e novos artistas do mundo celta atlántico. Toda unha expresión do espírito de irmandade dunha tradición de 10.000 anos de intercambios a través do mar celta. Comparto con Brittany Ferries a paixón por conectar as culturas célticas atlánticas. Viaxar nos seus barcos, dunha Fisterra a outra, foi a maior das inspiracións posibles para homenaxear ao xénero da música celta».


Comentar