La Voz de Galicia

Anxo Vidal aborda no Museo de Pontevedra os instrumentos científicos vinculados coa provincia

Pontevedra

L. Penide L. Penide Pontevedra / La Voz

15 Jan 2025. Actualizado a las 17:17 h.

O Edificio Castelao do Museo de Pontevedra acollerá este venres, a partires das 19 horas, a conferencia Medir, observar, matar? Cíborgs científicos e a provincia de Pontevedra, na que o investigador e físico Anxo Vidal abordará os instrumentos científicos relacionados coa provincia de Pontevedra e, especialmente, do que nos ensinan sobre a relación entre o coñecemento científico e o seu contexto histórico, social, político, económico e cultural.

O propio Vidal precisou que «un ciborg é un ser cunha parte humana e outra tecnolóxica que se potencian nun ciborg con capacidades potenciadas, capaces de ver, escoitar ou facer o que sos non poderiamos».

De feito, nos transforma o mundo no que vivimos.

 


Comentar