La Voz de Galicia

Pedro P. Riobó presenta «Tina e Xeró» no Centro Social do Mar de Bueu

Bueu

L. Penide L. Penide Bueu / La voz

29 Jan 2025. Actualizado a las 05:05 h.

Este mércores, a partires das 19 horas, a Libraría Miranda desenvolve en Bueu a presentación do libro Tina e Xeró, de Pedro P. Riobó. O acto terá lugar ás 19 horas na sala multiusos do Centro Social do Mar estando prevista a participarán do autor da novela, ademais de Asun Soñora, directora do IES Johan Carballeira, e Fran Alonso, director de Edicións Xerais de Galicia.

A obra aborda a historia de dous nenos que «navegan nunha dorna até unha illa deshabitada na que, por azar, descobren un terríbel segredo que os levará a expoñerse a ameazas e perigos impropios da súa idade».


Comentar