La Voz de Galicia

Poio recoñece, por primeira vez, a traxectoria de tres entidades do concello polo Día de Galicia

Poio

L. Penide Poio / La voz

O acto institucional desenvolverase o 25 de xullo no Pereiro

17 Jul 2024. Actualizado a las 17:27 h.

O vindeiro 25 de xullo, o Concello de Poio conmemorará o Día de Galicia no Pereiro cun acto institucional no que, por primeira vez, se fará un recoñecemento a persoeiros e entidades vencelladas ao mundo da cultura. O acto comezara ás 12 horas, e incluirá, ademais, as actuacións musicais de Vides Novas e da Asociación de Acordeóns de Campelo, así como o reparto de bandeiras e agasallo conmemorativo ás novas entidades inscritas no rexistro municipal de asociacións, así como ás persoas que o solicitaron previamente en cultura@concellopoio.gal.

O alcalde Ángel Moldes foi o encargado de anunciar que nesta primeira homenaxe recoñecerase ao Ateneo Corredoira de Combarro, Vides Novas e a Escola de Acordeóns de Campelo. A entrega de premios estará acompañada da exposición Son Poio, Son cultural local.


Comentar