Actos de homenaxe en Portas na memoria de Domingo Fontán
Portas
28 Apr 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Este domingo, a partires das 12 horas, a Asociación Cultural e Deportiva Domingo Fontán e o Concello de Portas homenaxearán ao matemático, cartógrafo e ilustrado nado hai 236 anos en Porta do Conde. Os actos terán lugar na Casa de Cultura, onde o profesor de Historia da Arte do IES Aquis Celenis, José Manuel Fariña, lerá o pregón que terá como fío central a vida e a obra do insigne matemático e ilustrado Domingo Fontán.
Acto seguido, integrantes da asociación e o alcalde Ricardo Martínez, así como membros da corporación, farán unha ofrenda floral no monumento ao insigne cartógrafo e xeógrafo. A xornada rematará coa interpretación do himno galego polo Grupo de Gaitas Domingo Fontán.