A «Morada» pecha o Entroido de Cobres
Vilaboa

29 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.
A Asociación Cultural Cobres celebra este sábado, dende as 13.30 horas, a Morada, unha xornada para desfrute tanto de madamas e galáns como das moitas persoas colaboradoras do Entroido de Cobres e que porá o broche de ouro a esta edición desta festa tradicional. Está prevista unha sesión vermú previa á comida que se servirá na carpa de Riomaior.