La Voz de Galicia

O I+D+i da música nun ciclo de concertos de Vertixe Sonora

Santiago

M. garcía

Trátase de catro actuacións onde tamén terán cabida a poesía ou o teatro

02 Jun 2016. Actualizado a las 05:00 h.

O ciclo Do Audible volve con novas estreas musicais para achegar o público ás expresións culturais contemporáneas. Organizado pola Consellería de Cultura e Educación, coa colaboración de Vertixe Sonora Ensemble, ofrecerá concertos en Ourense, Vigo, A Coruña e Pontevedra entre o 7 de xuño e o 4 de outubro.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou que este ciclo cobre un espazo menos tratado nestes momentos nas programacións culturais. «Isto non é só un ciclo de concertos, senón que é algo máis», engadiu, xa que a música dialogará nestes concertos con outras disciplinas artísticas como a poesía, o teatro ou o pensamento.

«A música contemporánea é o I+D+i», destacou o director artístico do ciclo, Ramón Souto. Neste concertos, por exemplo, contarán cunha banda chegada de Suíza ou coa intervención da poetisa María do Cebreiro ou do filósofo Arturo Leyte.

 

 

 


Comentar