Galego Sen Fronteiras achega a lingua galega a alumnos de todo o mundo en Compostela
Santiago
Esta iniciativa ven realizándose dende 1988
03 Jul 2016. Actualizado a las 05:00 h.
Alumnos de 16 países de tres continentes comezaron hoxe o curso de lingua e cultura galegas Galego Sen Fronteiras, en Santiago. Durante as vindeiras semanas, asistirán a diversos talleres de música e literatura e visitarán lugares emblemáticos da capital galega. Esta iniciativa ven realizándose dende 1988 e, en palabras do presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, busca «abrir Galicia ós demais pobos do mundo». Poderán dar fe os estudantes, que veñen de lugares tan dispares como Brasil, Rusia, Singapur ou Xapón, entre outros. Os cursos contarán coa presenza de figuras recoñecidas como a cantautora María Xosé Silvar ‘Ses’ ou a escritora e xornalista María Solar.