La Voz de Galicia

Unha charla e un concerto lembran o centenario da morte de Pondal

Santiago

19 Jan 2018. Actualizado a las 04:55 h.

19.30 horas • Museo das Peregrinacións • A Asociación Cultural e Musical Solfa e a Agrupación Cultural O Galo organizan hoxe unha conferencia sobre Eduardo Pondal con motivo do centenario da súa morte. O profesor Carlos Callón Torres será o encargado de disertar sobre o poeta do Rexurdimento galego e autor da letra do Himno galego.

 

 

O acto desta tarde tamén incluirá como colofón a actuación da coral de Solfa, que interpretará sete cancións que teñen letras de Rosalía de Castro (Hás de cantar e Negra sombra); Curros Enríquez (Cantiga e A Rosalía); e de Ramón Cabanillas (No escuro e Na morte de Castelo). O peche será coa interpretación do himno galego.

 

 

 

 

 

 


Comentar