La Voz de Galicia

Leilía: «É un orgullo celebrar os 30 anos no Principal»

Santiago

Montse García Santiago

Ofrecerá hoxe e mañá o seu espectáculo «CantarElas», que será gravado

27 Dec 2019. Actualizado a las 04:55 h.

Hoxe e mañá • 20.30 horas • Teatro Principal • Entradas esgotadas • Estiveron no Apóstolo presentando CantarElas, «foi un dos concertos máis fermosos da nosa traxectoria», e hoxe e mañá as compoñentes de Leilía encherán o Principal con este espectáculo co que celebran as tres décadas de traxectoria. «É un grande orgullo e unha sensación de vertixe celebrar os 30 anos no Principal, na casa e despois de encher en só tres días», di Montse Rivera, que conforma o grupo xunto a Felisa Segade, Ana Rodríguez, Patricia Segade, Merchi Rodríguez e Rosario Rodríguez.

 

 

Os dous concertos en xornadas consecutivas -nos que anuncian que haberá sorpresas-, responden á intención de que o espectáculo sexa gravado. «Parecíanos necesario, non só para nós, senón para que quedara para sempre para a música galega», di Montse Rivera.

CantarElas leva enriba dos escenarios varios meses e vai variando, xa que «os espectáculos vanse construíndo segundo os vas poñendo en escena». Ademais, Rivera engadiu que o teatro ofrece posibilidades a maiores doutros marcos.

 


Comentar