La Voz de Galicia

Xesús Rábade presenta a súa lenda da Torre da Caldaloba

Santiago

O acto celebrarase ás 19.30 horas na sede de Afundación

16 Jan 2020. Actualizado a las 04:55 h.

19.30 horas • Rúa Do Vilar, 19 • Constanza Castro, filla do mariscal Pardo de Cela, resistiu ás tropas castelás, ata a morte, na torre da Caldaloba. Sobre este feito e lugar, o escritor Xesús Rábade Paredes crea unha lenda histórica en verso, Caldaloba en terras de Valverde (Alvarellos Editora), que se impuxo na primeira edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca o Concello de Cospeito. O libro será presentado esta tarde nun acto no que o autor estará acompañado por Ramón Neira Torviso, do Ateneo de Santiago, así como o editor Henrique Alvarellos. Tamén se proxectarán imaxes actuais da histórica torre de Caldaloba.

 

 

 

 

E Ademais

Natalia Monje

19.00 horas • Casa del Libro • A xornalista e escritora falará hoxe sobre Mala cosecha, un ensaio sobre os medos colectivos do noso pasado co que gañou a novena edición do Premio Juan Antonio Cebrián de Divulgación Histórica. No libro rastrea casos concretos sucedidos na Península. Natalia Monje durante a charla desta tarde, ademais de comentar os casos clave da publicación, abordará os episodios e personaxes máis escuras da historia compostelá.

 

 


Comentar