O Instituto da Lingua Galega conmemora os seus 50 anos
Santiago
Incluirá unha homenaxe a Rosario Álvarez, Francisco Fernández e Manuel González
07 Oct 2021. Actualizado a las 05:00 h.
O Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC conmemorará o seu 50 aniversario durante a nova edición do seu simposio anual, que se celebrará entre os días 18 e 21 na Facultade de Filoloxía. Ademais de facer balance do labor desenvolvido e reflexionar sobre os retos de futuro, o programa homenaxeará a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González, investigadores do ILG desde os seus primeiros anos de existencia e que manteñen a súa actividade.