Dous libros abordan a vida compostelá de Del Riego
Santiago
Foron presentados onte no Museo do Pobo
30 Jun 2023. Actualizado a las 04:50 h.
O Museo do Pobo acolleu onte a presentación de dous libros coeditados polo Consorcio de Santiago que poñen o foco diferentes aspectos da etapa de Francisco Fernández del Riego ligada á cidade.
«Compostela, póla florida», coeditada por Galaxia, recolle unha selección de fragmentos de textos do autor homenaxeado no Día das Letras onde Santiago é protagonista. Os textos, seleccionados por Domínguez Dono, artéllanse en catro apartados xenéricos. O editor resaltou a pegada de Compostela na formación e personalidade do autor.
Pola súa banda, «De Compostela ao exilio exterior. Francisco Fernández del Riego», escrita por Antón Mascato e coeditada por Alvarellos, aborda os oito anos que o intelectual viviu en Compostela. «Foron os anos nos que fragua o seu coñecemento e desenvolve a súa valía», apuntou Mascato.