Volve Youtubeiras co lema «Rede aberta, rede diversa»
Santiago
O prazo de inscripción rematará o 17 de novembro
22 Sep 2023. Actualizado a las 04:50 h.
Volve Youtubeiras, na súa sétima edición, baixo o lema «Rede aberta, rede diversa», co prazo de inscripción aberto deica o 17 de novembro. Os galardóns repartirán 7.500 euros entre as persoas gañadoras de oito categorías, incluído o premio do público.
Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos Concellos de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago e Teo, da Deputación da Coruña e das Universidades de Vigo, Santiago e A Coruña. O Concello de Pontevedra acolleu onte a presentación de Youtubeiras, que ten como obxectivo fomentar a creación en galego en Youtube con temáticas e formatos diversos.