La Voz de Galicia

La soprano Rosalía Cid: «Quen soña abrir na Scala de Milán e viaxar de país a país por traballo aos 26 anos?»

Santiago

Olalla Sánchez Santiago

La compostelana valora cómo fue el 2023, su año de explosión. «A vida de cantante é preciosa, pero tamén supón sacrificios. Eu caseime pola mañá en Florencia, e aínda de branco, fomos a Milán a pasar a noite de vodas para poder ensaiar», comparte

04 Feb 2024. Actualizado a las 09:06 h.

La semana pasada Rosalía Cid viajó desde Florencia, donde vive desde el 2018, para disfrutar de su ciudad natal. «Estar aquí faime lembrar de onde veño, e o conseguido. No meu traballo, é necesario ter a cabeza asentadiña», apunta con madurez la joven compostelana que se convirtió en diciembre en la segunda soprano española en inaugurar la temporada en la Scala de Milán, la meca de la ópera. «O 2023 foi para min brutal, un ano de explosión. Este arráncoo en calma. Teño varios papeles que estudar», afirma feliz mientras contempla en la praza de Salvador Parga el conservatorio histórico donde, con 6 años, cantaba con el Orfeón.

«Empecei no coro do colexio, La Milagrosa, e logo xa aí. Din que desde que falei xa cantaba... Aos 8 anos ía os luns e os mércores á Catedral, cos Anxos de Compostela; os martes e os xoves, ao Orfeón Terra a Nosa, de adultos; e os sábados, en A Coruña, a un coro da Orquesta Sinfónica de Galicia. Mentres, participaba coa Capela Compostelá en misas. De nena chegaba a casa ás 23.00 horas, facendo deberes entre coro e coro, pero o desfrutaba», señala, recordando que una profesora del conservatorio, Diana Somkhieva, le confirmó que podría dedicarse a ello. «Ela dicía que o meu timbre era interesante; moi expresivo», afianza.

Sandra Alonso

En Vigo accedió al conservatorio superior, aconsejándosele saltar a Italia por las oportunidades. «Con 21 anos cheguei a Florencia, ao conservatorio e, ao pouco, accedín xa á Accademia del Maggio Musicale Fiorentino, cunha proxección profesional. Para o meu concerto de presentación elexín Lela, un tema en galego que chega moito e que me acompañou dende pequena. Cantábamo meu avó, un veciño de Conxo que se declaraba trobeiro. Era carreteiro e levaba aos cantantes ata o Teatro Principal. Penso moito nel cando canto», acentúa.

«Comecei a participar en óperas, con grandes cantantes e batutas. Non esquezo o meu debut nun primeiro papel, con 24 anos, en La creación de Hadyn. Foi vertixinoso verme defendéndoo. Outro paso adiante foi o meu primeiro contrato operístico nunha produción, Don Pasquale, e cun papel principal moi divertido. Confirmoume que é o que quería facer, e que podía», subraya. «Tiven sorte de atopar ocasións boas, nas que estiven á altura, tamén polo apoio que teño, da familia e do meu marido. El é italiano. Comezamos a falar tamén porque tocaba a gaita», evoca risueña.

Tras una rápida carrera, en el 2023 no paró. «Chamáronme para unha sustitución de último momento na Semperoper de Dresde, con La sonnambula. Dinche que tes dous días para estudar o papel e apréndelo ata no avión. A vida de cantante é preciosa, pero supón sacrificios, con moitos traslados. En novembro casamos en Florencia. Celebramos a comida e, pola noite, fomos en coche ata Milán, vestidos de branco, para pasar a noite de voda nun hotel preto da Scala, onde ensaiaba cedo ao día seguinte. Nel o mestre díxome: "Deuche sorte o matrimonio"», comenta risueña.

«En Alemaña entereime de que me querían para actuar no Don Carlo verdiano, na Scala, nun rol pequeno, pero exposto. Eu nunca fun de poñerme metas, e nese teatro xa actuara, pero aínda así foi tanta a emoción... Din saltos de alegría. Entre bambalinas, sorprendeume non estar nerviosa. Permitinme desfrutar desa ocasión única, algo díficil no meu traballo», continúa. «Quen soña con 26 anos —ya 27— abrir na Scala, viaxar de país a país por traballo ou ver que comezas a ter que dicir que non a algunha actuación? No 2023 debutei nunha misa de Mozart con Zubin Mehta. Tamén fun a Chile con Gilda de Rigoletto. A ese país volverei este ano, con La flauta mágica, así como tamén a Dresde e á Scala...», enlaza.

Sin dejar de pensar en la ópera, comparte anhelos. «Fóra hai unha gran canteira de cantantes galegos, como o baixo compostelán Alejandro Baliñas, agora en París, cos que sinto irmandade. Vexo unha xeración que renova a ópera, modernizándoa con xeito. É necesario dala máis a coñecer en escolas. Eu en Italia fixen proxectos didácticos con nenos que aprendían arias para cantalas con nós», rememora.

Sobre su estreno en Santiago, no duda. «Algo bo de non traballar aínda aquí, é que cando actúe virei feita, cunha mochila de experiencias, para dar o mellor de min», resalta ilusionada.


Comentar