La Voz de Galicia

Xosé Manuel Penas profunda no nome galego de 171 aves

Santiago

O investigador compostelán presentou onte o primeiro volume do seu traballo

12 Sep 2024. Actualizado a las 04:50 h.

O ornitólogo, investigador e mestre compostelán Xosé Manuel Penas Patiño abordou en profundidade os nomes galegos das diferentes especies ornitolóxicas. Agora, o primeiro tomo dese traballo acaba de ver a luz, «Quod vulgus vocat. Contribución á nomenclatura galega das aves», no que se recollen 171 denominacións. As restantes ata 625 incluiranse noutros dous volumes. O traballo — dispoñible tamén na Rede— foi presentado nun acto co secretario xeral da Lingua, Valentín García.


Comentar