La Voz de Galicia

Lorena Conde e Pablo Reboleiro dirixirán as novas producións do Centro Dramático Galego

Santiago

A unidade de produción teatral da Xunta abriu o prazo para seleccionar a 22 intérpretes

13 Sep 2024. Actualizado a las 04:55 h.

O Centro Dramático Galego (CDG) abriu a convocatoria para seleccionar os vinte e dous intérpretes que conformarán as dúas producións propias da temporada 2024-2025. Os encargados de dirixilas serán Lorena Conde e Pablo Reboleiro.

A cofundadora das compañías Matrioshka e A Feroz poñerase á fronte de «Mesiña, ponte!», unha fábula arredor dunha familia obreira galega nos anos 90. O texto é da propia Lorena Conde e estrearase en marzo.

Santi M. Amil

Pola súa parte, Pablo Reboleiro, cofundador de Pistacatro, dirixirá «Countdown», un espectáculo multidisciplinar no que o circo será protagonista. Neste caso, estrearase en setembro do vindeiro ano. 

Aqueles actores que queiran presentarse as probas teñen de prazo ata o 27 de setembro para inscribirse na convocatoria.


Comentar