Unha mostra achega a Santiago a obra pública de Francisco Asorey
Santiago
Pode visitarse na dársena de Xoán XXIII
22 Oct 2024. Actualizado a las 04:55 h.
A exposición «Os vieiros de Asorey» amosa na dársena de Xoán XXIII a obra pública desenvolvida polo escultor cambadés, con varios exemplos en Compostela. Precisamente, a mostra inaugurada onte está preto dun dos principais expoñentes na capital galega: o monumento a San Francisco inaugurado en 1930. Tamén figuran a Asunción para o Seminario Menor, o chamador do pazo Vaamonde e o capitel e escudo de hotel Compostela. A mostra está impulsada pola Academia Galega de Belas Artes polo Día das Artes Galegas 2024.