Música e ruta por adegas con Pasabodeghas en Vedra
Santiago

As actividades desenvolveranse esta tarde e mañá
26 Oct 2024. Actualizado a las 04:55 h.
San Miguel de Sarandón (Vedra) • Cos packs para as degustacións de viño e tapas esgotados, San Miguel de Sarandón (Vedra) celebra o Pasabodeghas, con actividades tanto hoxe como mañá. A cita comezará ás 17 horas coa Ruta Ghaiteira, que partirá do campo da festa. Ao longo da tarde haberá tamén actuacións de circo e musicais. A partir das 22.30 horas ofrecerán concertos Ailá, A Banda das Crechas e Monoulious Dop. Mañá domingo, a partir das 12.30 horas, é tempo de foliada con Faíscas da Pontraga, Asociación Cultural San Campio y el Centro cultural A Ponte Vella.