La Voz de Galicia

Santiago homenaxea a Luz Fandiño e a Manuel Miramontes este luns

Santiago

A actividade forma parte das propostas con motivo do Mes do Patrimonio

27 Oct 2024. Actualizado a las 18:24 h.

O Consello da Cultura e o Concello de Santiago desenvolverán xornadas, homenaxes e proxeccións con motivo do Mes do Patrimonio, que comezou o pasado 17 co primeiro Día Internacional do Patrimonio Inmaterial e rematará o día 16 polo Día do Patrimonio.

A primeira cita será este luns, a partir das 20 horas, no centro sociocultural Maruxa e Coralia, e consistirá nunha na lembranza de dúas persoas portadoras do patrimonio cultural inmaterial de Santiago: Manuel Miramontes, o gaiteiro coñecido como Bartolo, e a poeta Luz Fandiño, referente da tradición oral e da poesía popular galega. Será un recoñecemento a estes dous veciños xa falecidos pola contribución que fixeron á cultura local e pola transmisión de saberes e prácticas que enriquecen a identidade.

As dúas seguintes citas terán como escenario o Consello da Cultura Galega. O día 5 de novembro, ás 17 horas, haberá unha homenaxe a Florencio de Arborio, figura representativa da tradición afiadora galega. Dous días despois celebrarase un coloquio dedicado ao patrimonio cultural inmaterial galego-portugués. O peche será o día 8 de novembro, no CSC de Santa Marta, coa proxección do documental «Florencio: o cego dos Vilares», dirixido por Pancho Álvarez. Estas actividades foron presentadas onte pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o concelleiro de centros socioculturais, Xan Duro; e o presidente da asociación Ponte...nas ondas!, Santiago Veloso.


Comentar