Cándido Méndez presenta libro en Santiago e recibirá o premio Luís Tilve
Santiago

Os actos celebraranse no edificio Cersia a partir das 10.30 horas
29 Oct 2024. Actualizado a las 04:55 h.
O que fora secretario xeral de UGT Cándido Méndez presenta esta mañá en Santiago o seu libro «Por una nueva conciencia social» (10.30 horas, edificio Cersia). No acto, organizado por UGTGalicia, Méndez estará acompañado por Sofía Vázquez, xornalista de La Voz de Galicia, e por José Antonio Gómez, secretario xeral de UGT-Galicia. Despois, ás 12 horas, Méndez recibirá o Premio Luís Tilve.