La Voz de Galicia

Conmemoran o 125.° aniversario da morte de Alfredo Brañas en Bonaval

Santiago

A primeira cita será este sábado e a segunda o día 21 de febreiro

09 Jan 2025. Actualizado a las 04:55 h.

Dous actos cívicos conmemorarán o 125.° do pasamento de Alfredo Brañas en San Domingos de Bonaval. O primeiro desenvolverase este sábado —coincidindo coa data de nacemento— ás 12 horas e contará coa participación de Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao; e de Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, así como de Gonzalo Lebredo, quen este ano, xunto a Daniel Chapela, publicará a tradución ao galego de «O Rexionalismo. Estudo sociolóxico, histórico e literario», así como unha análise crítica da obra. A segunda das citas será o 21 de febreiro —día do seu pasamento— ás 18 horas.

A iniciativa está impulsada por Lucas Pérez, Daniel Chapela, Moisés Peláez, Guillerme Conde e Ernesto Vázquez, «galeguistas e comprometidos co país». Din que o pensamento de Brañas «segue a achegar ideas para repensar o país». Consideran os actos cívicos «un novo momento histórico para achegarnos a unha figura fundamental do pensamento galeguista e que, froito do desleixo por parte dos conservadores, fica no esquecemento».


Comentar