La Voz de Galicia

A mostra de Gaza na USC xa supera as 2.300 visitas

Santiago

Pode visitarse ata o 31 de marzo

25 Feb 2025. Actualizado a las 04:55 h.

Ata o 31 de marzo (de 11 a 14 e de 17 a 20 horas) • Igrexa da Universidade • «Gaza: o eco dos esquecidos», a mostra que pode visitarse na Igrexa da Universidade, supera as 2.300 visitas nas súas tres primeiras semanas. A exposición reúne imaxes tomadas por tres fotoxornalistas gazatís: Mohammed Zaanoun, Ahmed Zakot e Abood Abu Salama, que amosan o horror desde dentro. O público, ademais de 26 fotografías, pode gozar dun documental e unha intervención artística.

 

 


Comentar