La Voz de Galicia

O Auditorio de Galicia acollerá un encontro de pandeireteiras o 17 de maio

Santiago

A cita será pola tarde e incluirá mesas de debate e unha gran foliada

01 Mar 2025. Actualizado a las 04:55 h.

A asociación de mulleres tocadoras Somos Pandeireteiras organizará un novo encontro e unha foliada aberta á cidadanía o sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, no Auditorio de Galicia. A cita, apoiada polo Concello de Santiago, comezará con mesas redondas e de traballo que se desenvolverán de 15.30 a 20.00 horas. Para participar é preciso inscribirse previamente no portal web www.somospandeireteiras.gal. Unha vez conclúa o encontro, celebrarase a foliada aberta á veciñanza ata as 22 horas.

A esta foliada poderán asistir todas aquelas persoas que o desexen desde calquera punto de Galicia, lembran desde a directiva de Somos Pandeireteiras, que está conformada por Gisela Sanmartín, Mercedes Peón, Ana Fernández e Mar Bouzas.


Comentar