La Voz de Galicia

Unhas xornadas reivindican en Santiago o papel das pandeireteiras

Santiago

A cita será o 17 de maio e tamén incluirá unha foliada. A inscripción para as xornadas está aberta

03 Apr 2025. Actualizado a las 04:55 h.

A primeira asociación de tocadoras galegas celebrará o 17 de maio no Auditorio de Galicia a segunda Xornada Pública Somos Pandeireteiras coa que pretende reivindicar o papel destas mulleres na transmisión da lingua galega. Haberá mesas de diálogo e, para finalizar, unha foliada aberta a toda a cidadanía.

A cita comezará ás 16 horas cunha conversa na que intervirán as directivas de Somos Pandeireteiras Gisela Sanmartín, Mercedes Peón, Ana Fernández e Mar de Bouzas, ademais das coñecidas tocadoras de Chaín Digna Pérez e Otilia Mouriño Álvarez. Despois, será a quenda das mesas redondas. A inscrición para acudir está aberta. Tras o peche de encontro, ás 20 horas, comezará a foliada, na que poden participar todo o público. «Estas xornadas están encamiñadas a recoñecerlles ás mulleres un lugar de seu na construción do relato cultural do país», salientou a concelleira de Acción Cultural, Míriam Louzao.


Comentar