Javi Rey deixa o Céltiga polo Arzúa de Terceira
Arzúa
Fichara polo Céltiga en decembro do 2018
28 May 2020. Actualizado a las 11:02 h.
O Céltiga deberá deseñar o seu novo proxecto na Preferente Autonómica 2020/21 cun novo adestrador á fronte do vestiario do Salvador Otero. O ourensán Javi Rey foi presentado esta semana como novo técnico do Arzúa, o equipo revelación da Terceira División nesta tempada interrupta, na que o cadro coruñés finalizou sexto con 41 puntos; a 6 do C.D. Barco, cuarto clasificado, cando faltaban inda once xornadas de Liga por disputarse.
Javi Rey fichara polo Céltiga en decembro do 2018, e deixa A Illa sen conseguir o obxectivo co que iniciara a tempada, devolver o equipo á Terceira. Rematou a Liga quinto con 46 puntos, sete por debaixo do ascendido Atios.