O certame folclórico de Dodro reúne este sábado a nove grupos
Dodro
Está organizado por la Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño
22 Nov 2024. Actualizado a las 14:24 h.
Sábado 23 • Seis da tarde • Local social do Montiño • A Asociación de Veciños de San Xoán de Laíño, no concello de Dodro, organiza o certame folclórico que este sábado se celebra no seu local social, situado no lugar de Imo. Comeza ás seis da tarde coa actuación da seguintes agrupacións: Os Garuleiros; As Sivalveiras; As Garridiñas; Trioprata; Xoldra; Os Gatiños; Xodó; Amaiante e Foliada do Montiño. Ao rematar, haberá uns petiscos para todos os asistentes e foliada libre. A asociación organizadora agradece a participación desinteresada de tódolos grupos que figuran no cartel do certame folclórico.