La Voz de Galicia

Manuel Salvado: «Entre varias librarías históricas e a que foi miña levo traballado xa 46 anos»

Santiago ciudad

Olalla Sánchez Santiago / La Voz

Abrió en 1996 Gallaecia Liber, una de las librerías que resiste en el Ensanche compostelano. Nacido en Lavacolla, preside desde hace 20 años su asociación de vecinos. «Teño irmáns maiores que, na mesma casa, naceron no concello de Enfesta, pero eu xa son de Santiago», destaca

11 Mar 2024. Actualizado a las 08:20 h.

Para no errar con las fechas, Manuel Salvado necesita escribir las distintas etapas de su vida laboral. «É que comecei a traballar aos 15 anos...», justifica risueño el librero, que ahora tiene 60, y que desde hace 28 atiende en la librería Gallaecia Liber, en la rúa Ramón Cabanillas. «Aquí, no Ensanche compostelán, coñécenme como Manolo, ou Manoliño, como me chamaban de neno en Lavacolla», añade, aludiendo a su lugar de origen que es, junto a los libros, su otra gran pasión. Desde hace 20 años dirige su asociación de vecinos. «Vivo en Sar e estou alí as fins de semana. Son coma un presidente no exilio», bromea.

«Nacín en 1963, ano no que o concello de Enfesta, ao que pertencía Lavacolla, intégrase no de Santiago. Teño irmáns maiores que, na mesma casa, naceron no primeiro, pero eu xa son de Compostela», explica. «Lembro que cando comecei o colexio estaban todos os cursos na mesma aula. Na miña casa non había libros, só os de texto, igual que no colexio. Sendo neno nunca vin un Quijote...», evoca. «Tras rematar a EXB, busco traballo e en 1978 entro na libraría Carballal, na rúa do Vilar, onde fago recados mentres estudo o bacharelato nocturno», acentúa. «Nas fins de semana gañábame cos amigos unhas pesetas indo de caddy no campo de golf do Aeroclub, en Lavacolla. Nós estabamos alí ás 07.00 horas para poder dar uns golpes antes de que chegasen os socios», recuerda sonriendo.

«En 1983 salto á librería Toral, facendo o reparto de prensa á Xunta ou a Universidade e o pedido de libros. Sete anos despois, marchei para Abraxas, onde só estiven un ano, índome a continuación, con 28 anos, a González, unha libraría que ocupaba dous números da rúa do Vilar. Baixar ao soto era como ir a un mundo de Harry Potter. Atopabas plumillas que non se usaban dende había 30 anos, tinteiros para as antigas mesas escolares, libros como o Summa Artis...», rememora. «Abrías vitrinas para coller os libros. Para quitar o plástico había que preguntarlle a don Manuel, o dono. A min concidiume o ano do peche, nun momento, ademais, no que xa empezaba un cambio de modelo cara a librarías máis abertas, nas que poder tocar os libros», señala.

XOAN A. SOLER

«En 1992, catro dos 14 traballadores que estabamos en González decidimos comprar o traspaso da librería Carballal, cuxo dono se xubilaba, renomeándoa como Encontros. Eu, sen moito capital, botei ano e medio traballando sen cobrar nada. Foi duro, pero seguía ilusionado», confiesa. «En 1996, como se quedaba pequena, dous decidimos abrir Gallaecia, e aquí sigo», confirma desde una librería que tiene un fondo de 80.000 volúmenes. «Desde o comezo implantámonos no mundo universitario. Vendíamos manuais; facíamos os programas das asignaturas de Dereito. No inicio de curso había colas, como para mercar códigos civís... Hoxe case non se venden, ao centrarse o Plan Bolonia en apuntamentos», lamenta. «Enorgulléceme que Gallaecia axudase a servir e a enriquecer unha biblioteca como a da USC. O traballo de localizar cada libro que pedían, que podía ser dun selo pequeno ou levar anos esgotado, motívame», afirma sin descanso. «Eu chegaba aquí ás 08.00 horas e ía facer entregas. Boto aquí dez horas ao día, algo clave para pervivir», enlaza, incidiendo también en su pasión como editor.

«Dende a asociación de veciños de Lavacolla promovín títulos que rescataron algúns dos seus datos históricos, como que alí houbo un campo de concentración e dúas curtidorías; que de alí era "o vello dos contos", que foi quen comprou a casa de Rosalía; ou que ten un dos poucos topónimos que aparecen no Códice Calixtino. Que non haxa unha placa que aclare aos peregrinos que é alí onde se lavaban é unha das moitas cousas que reclamamos. O rural de Enfesta leva 60 anos esquecido», subraya.

La última fecha que anota en el papel es 2021. «Nese ano, ao xubilarse o meu socio —meu irmán— e ao ter eu próximo o meu retiro, preguntei se alguén mercaría a libraría. Dende entón é de Follas Novas», revela, restando trascendencia a volver a ser empleado. «Entre varias librarías históricas e a que foi miña levo traballado xa 46 anos. O importante é que non peche unha libraría máis, neste momento, ademais, no que Santiago nunca tivo tan poucas librarías. Eu díxenlles que, se querían, continuaba traballando... Aquí desfruto. Estou orgulloso do que fago. Sigo entre libros», destaca.


Comentar