La Voz de Galicia

La unitaria más antigua «e bonita» de Santiago, creada en 1808, se salva al encandilar también a padres de otros concellos: «Necesitabamos un rapaz e temos, ao menos, tres»

Vivir Santiago

Olalla Sánchez Santiago

Así es la escuela unitaria infantil de O Eixo

A pesar del desconocimiento que aún pesa sobre ella, la Escola de Educación Infantil Gaioso continúa en O Eixo con su historia, única. Fue fundada por un indiano, Domingo Cepeda, antepasado de la historiadora Encarna Otero, quien comparte su detallado testamento

13 Jul 2024. Actualizado a las 11:09 h.

Contenta por la continuidad del proyecto, pero sin renunciar al anhelo de que «non só se salve a escola, senon que, de novo, volva medrar». Así se siente Lucía Muñoz, la actual responsable de la Escola de Educación Infantil Gaioso, de O Eixo, la unitaria más antigua —«e bonita» — de Santiago, quien, tras lanzar a mediados de junio una llamada de alerta al ver cómo peligraba el mínimo de alumnos exigido para evitar el cierre, necesitando con urgencia una matrícula, vio, pocos días después, cómo familias, y no solo del entorno de esta parroquia rural compostelana, respondían.

«No último curso académico tiñamos nove alumnos. Deles, tres fóronse, tanto por traslados dos pais coma porque un neno pasou a primaria. Había outra matrícula en dúbida e aí xa nos entrou medo. Precisamos, para continuar abertos, ter, ao menos, seis estudantes no centro. Por iso lanzamos o aviso», aclara la actual responsable, aludiendo al mensaje que publicaron en redes, y que se recogió en distintos medios, en el que tanto informaban sobre la unitaria —«Si eres de Santiago y tienes niños, es probable que no conozcas esta escuela rural a 10 minutos del centro— como apelaban a los padres de niños de 3 a 6 años a que valorasen llevarlos allí.

«Moitos pais, ao ler a noticia, achegáronse a preguntar. Descoñecían da existencia do centro. É certo que, ao non ter cartel que indique que isto é unha escola, pode pasar máis desapercibida, ao igual que pola súa imaxe exterior, de pazo. Aínda así, o da invisibilidade é un dos hándicaps contra os que loitan as unitarias», lamenta Lucía, muy agradecida a las nuevas matrículas, que garantizan la viabilidad del longevo y único proyecto.

PACO RODRÍGUEZ

«Necesitabamos lograr un rapaz e, tras esa chamada, temos asegurados, ao menos, tres, e calculamos que podemos chegar a catro. O curso que vén en Gaioso —nombre que recibe la escuela al ser el lugar de O Eixo donde se ubica— haberá, ao menos, nove alumnos, tres por riba do solicitado, tanto con xente da zona de influencia, como doutras áreas de Santiago ou, incluso, doutros concellos, como Teo ou Ames», aclara. «Os pais, ao vela, quedan fascinados. Esta é unha da escolas que se coñecían como Pías, mandadas construir no século XIX por parte de indianos, que, tras emigrar a América, crearon centros educativos nas súas localidades natais», ensalza, poniendo en valor, además de lo histórico del edificio, las reformas acometidas en los últimos años, para adecuarla convenientemente —«por dentro vese moi moderna»—, así como la atención personalizada y la enseñanza apegada al entorno rural en el que se ubica. Unos factores que, entiende, compensan de largo la falta de servicios, como madrugadores o comedor, de otros centros educativos y el escollo de la remuda de responsables al frente.

«Varios pais, na xornada de portas abertas, me preguntaban se eu ía continuar o vindeiro curso e xa case adianto que non, porque ao ter eu un neno con necesidades de recursos de apoio e ao non dispor sempre disto no centro, terei que concursar a un CRA, un Centro Rural Agrupado. Esa é outra das demandas desta unitaria, a constitución, xunto ás escolas de Laraño e Marrozos, dun CRA, co que se gañarían recursos», reflexiona Lucía, queriendo al mismo tiempo poner en valor lo positivo. «Acaba de constituirse unha Fanpa, na que os pais, moitos comprometidos coa unitaria, poderán facer forza», subraya. «Todos os responsables que pasamos por aquí quedamos enganchados cun proxecto no que cremos e sobre o que consideramos que non se recoñece como o merece. Oxalá poidamos recuperar a vida que se lle quitou. Aquí chegaron a estudar ata 100 nenos», repasa. 

Imagen de hace muchos años de la escuela infantil de O EixoCedida

Una escuela rural creada en 1808 por un indiano

«Este ano un dos proxectos que se fixeron na aula foi o de Elas, poñendo en valor o papel de distintas mulleres de Compostela. Na listaxe estaba a historiadora e profesora Encarna Otero Cepeda e, falando con ela, contoume que o fundador da escola, Domingo Cepeda, era un antepasado seu. Todo cadraba», celebra Lucía, con una felicidad por la continuidad del centro compartida por ambas.

Encarna Otero, quien en 1999 fue primer teniente de alcalde en Raxoi durante la primera legislatura de Xosé Sanchez Bugallo, explica que las principales reformas internas coincidieron durante el tiempo en que ella estuvo en el Concello. «Foi unha das primeiras escoliñas que tivo váteres pequenos para os nenos. Tratouse de recuperar o espírito co que fora creada», apunta la santiaguesa, compartiendo lo que se conoce en su familia de los orígenes de la unitaria.

«O fundador, Domingo Cepeda, trasladárase a América décadas antes da gran emigración dos galegos. Debeu ir a finais do século XVIII. Cabe pensar tamén que residiu en Arxentina e México, onde tivo que facer moita fortuna. Sábese que ficou solteiro e que, en 1809, é dicir un ano despois de que abrise a escola, fixo o seu testamento. Deste documento, que conservamos, tradúcese a súa vontade de axudar á súa zona natal, tanto a O Eixo, como a Marrozos ou a Aríns, tres parroquias que, cando el vivía, aínda pertencían ao concello de Conxo —se unieron al de Santiago en 1925—. Aínda así, tamén deixou diñeiro para Compostela, tanto cedendo cartos para o Hospital de San Roque coma para as leproserías que había nos barrios de Santa Marta ou en San Lázaro. Tamén deixou diñeiro para que dez mozas da súa zona, sen posibles, puidesen ter dote e casar», detalla Encarna, centrándose en el proyecto —«un colegio de primeras letras»— que guió los desvelos de su antepasado indiano y con el que perseguía revertir el analfabetismo de muchos niños.

«É curioso porque no testamento xa detalla como quería que fora a escola, que tiña que ter tamén unha casa, e unha muralla, aínda conservada. Aclaraba que habería animais. Domingo Cepeda deixou escrito que, ata con 25 alumnos, se pagarían oito reais diarios para o mestre. No que caso de ter ata 30, se lle pagaría dez reais, e estes aumentarían no caso de que o número de nenos crecese», comenta Encarna, poniendo en valor que en el testamento ya se quisiese asegurar que el centro estaría bien equipado en el futuro. «Ata remarca que deixa diñeiro para ''pizarras, pizarillos e material escolar''», afirma, recordando cómo en esos años todo el valle de Santa Lucía, donde se asienta la escuela, era una zona agraria muy rica, con alta demografía. «Sábese, polo testamento, que a escola estaba no mesmo sitio, fronte á igrexa de San Cristovo», continúa.

«Deixou escrito que os albaceas eran coengos da Catedral. Eles tiñan que comprobar que o que quixo Domingo se cumprise. De 1850, temos unha addenda —un añadido a un escrito—, no que eles insisten en que ''se prohíbe al maestro alquilar la casa o alojar a huéspedes''. Supoño que desde finou Domingo e, ata ese ano, deberon ao mellor darse conta de que iso sucedía», comenta divertida.

«Outra cousa curiosa é que nese documento tamén se insiste en que os nenos deben ir á escola. No testamento detallábase ata os horarios das clases que, no inverno, ían de 09.00 a 13.30 horas e, no verán, de 08.30 a 13.00 horas, un período que se enmarcaba de abril a setembro. Hai que ter en conta que, daquela, moitos nenos tamén traballaban. Creo que Domingo quixo deixar aos seus pais sen escusa para non levalos a clase. O importante é que os nenos puidesen asistir sempre, que aprendesen», enfatiza Encarna, aclarando que, con el paso del tiempo, y el descenso de población en la zona, lo que era casa de los maestros, llegó a tener otros usos, como centro sociocultural.

PACO RODRÍGUEZ

«Creo que non somos conscientes do privilexio de ter isto aquí. A pesar de que é unha escola na que pode resultar máis difícil conciliar, non se sabe a sorte que temos de ter este centro en Santiago. É unha marabilla, co seu entorno tan bonito, cun profesorado de educación infantil que sempre resultou espléndido e implicouse tanto co centro», encadena Encarna. «Nos países nórdicos son o tipo de escolas máis demandados. E nós témolo dende 1808», prosigue.

«Na escola xa pensamos en celebrar a nosa continuidade facendo un pequeno acto ao que veña Encarna Otero. Unha opción sería darlle como agasallo un barco ou unha maleta, simbolizando que a travesía da escola que creou Domingo, o seu antepasado, continúa», concluye Lucía.


Comentar