La Voz de Galicia

Todas as campás de Chantada repicaron o domingo ao mediodía

Sociedad

Carlos Cortés, Roi Fernández Chantada
Un veciño fai repicar as campás da igrexa parroquial de Camporramiro, este domingo ás doce do mediodíaUn veciño fai repicar as campás da igrexa parroquial de Camporramiro, este domingo ás doce do mediodía

Foi unha iniciativa das parroquias locais para homenaxear aos colectivos que traballan máis directamente por frear o coronavirus

30 Mar 2020. Actualizado a las 19:11 h.

"Imos facer que repiquen todas as campás de todas as igrexas da unidade pastoral de Chantada, en agradecemento por todo o que están a facer por nós e polas nosas vidas os sanitarios, as forzas de seguridade, os militantes, protección civil, po sector da alimentación...". É a mensaxa difundida polas parroquias de Chantada para anunciar o repique colectivo de campás que se levou a cabo este domingo.

Nas doce igrexas locais que forman parte de esta unidade parroquial soaron este domingo as campás ao mesmo tempo a modo de homenaxe para os colectivos que traballan máis directamente para reducir os efectos da epidemia de coronavirus.

A igrexa nova de Chantada fai soar ademais as campás todos os días ás oito da tarde para acompañar os aplausos que os veciños dedican desde os balcóns ao persoal sanitario.

 

 


Comentar