La Voz de Galicia

Os escolares poden aprender apicultura ou gandería nas propias granxas da man da Deputación

Ganadería

Daniel GarcíaDaniel García

A área de Medio Rural da Vicepresidencia abre ata o 21 de abril o prazo de inscrición

22 Mar 2025. Actualizado a las 09:58 h.

O BOP publicou o día 20 a convocatoria de subvencións de concorrencia competitiva do programa «Da escola á granxa», que impulsa a área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación. O goberno provincial destinará 200.000 euros a esta iniciativa, que financia actividades educativas en explotacións gandeiras, producións agrarias ou apícolas e proxectos de emprendemento no rural. O deputado deste departamento, Daniel García, que anima ás asociacións de nais e pais a participar, precisa que 13 novas granxas se unen ao proxecto. O prazo de solicitudes, que se poden facer na web de Medio Rural, rematará o 21 de abril.

 


Comentar