Emotiva homenaxe a Rosa Casas, secretaria da Confraría de Pescadores de San Cibrao
Somos Mar
Compañeiros, amigos e autoridades participaron nunha comida no restaurante Louzao, en Area
28 Oct 2024. Actualizado a las 14:53 h.
O restaurante Louzao, de Area, en Viveiro, acolleu este sábado a comida-homenaxe pola recente xubilación de Rosa María Casas García, quen foi durante moitos anos secretaria da Confraría de Pescadores de San Cibrao. Á cita asistiu, entre outros, o conselleiro do Mar, o tamén cervense Alfonso Villares Bermúdez.