La Voz de Galicia

O Festival de Títeres de Redondela se extende este ano aos concellos de Moaña e O Porriño

Vigo

la voz | vigo

16 Mar 2006. Actualizado a las 06:00 h.

A sétima edición do Festival Internacional de Títeres de Redondela-Memorial Juanjo Amoedo, que vaise desenvolver entre os días 22 e 28 de maio, presenta a novidade de que tamén realizará espectáculos paralelos nos concellos de Moaña e O Porriño. Isto ven convertendo cada vez máis o festival nunha actividade de índole comarcal, dende a súa mesma organización, chegando cós seus espectáculos e programacións a ducias de miles de espectadores de tódalas idades, nomeadamente a mais de seis mil escolares de tódolos Concellos participantes. A programación deste ano contén trece espectáculos ideados para escolares, sete para todos os públicos e vintesete para ser desenvolvidos na rúa. Coma sempre a organización do festival recae na Asociación Xente Titiriteira e o Concello de Redondela, aínda que co patrocinio da Consellería de Cultura, La Caixa, a Deputación Provincial de Pontevedra, Caixa Galicia e comerciais varios. Os espectáculos van ser representados por catorce compañías procedentes de Alemaña, Cataluña, Paises Baixos, Francia, China, Arxentina, Estados Unidos, Rusia, Andalucía e Brasil.


Comentar