«É fundamental que quen atope un paxaro anelado o comunique»
Vigo
07 Oct 2007. Actualizado a las 02:00 h.
Antonio Fernández Cordeiro é biólogo e portavoz de Anduriña, o colectivo do Morrazo que se adica ao anelamento de aves.
-¿Para qué se marcan as aves?
-Para achegar ao público a variedade de especies que hai no entorno, para que a xente, sobre todo os nenos, coñezan o medio. A xente sabe distinguir os coches ou as motos e igual non lle da importancia a que teñen aquí ao lado unha lagoa porque non saben que vida hai alí.
-¿Qué debe facer o que atopa un paxaro marcado?
-Para nós é fundamental que cada vez que alguén atope unha ave cunha anela, o comunique, porque nos da moita información sobre si as poboacións de paxaros van a máis ou a menos e de que morren, donde e por que causas.
-¿Cántos paxaros marcan cada ano?
-En España anélanse 300.000; en Europa, varios millóns. Nos, Anduriña, marcamos unhas catro mil aves ao ano na comarca e en toda a provincia. En Cangas anelamos unas mil aves cada ano.
-¿Obteñen moita información?
-Estamos tendo recapturas de outros puntos de Galicia e estamos descubrindo movimentos que descoñeciamos. Por exemplo, unha gaivota patiamarela marcada nas Cíes no 2000 está criando en San Sebastián, o que nos mostra que as gaivotas non son tan sedentarias como se pensaba.