La Voz de Galicia

Unha web recopilará poemas de Rosalía de Castro no maior número de linguas do mundo

Vigo

Jorge Lamas Vigo

As pezas elexidas son «Airiños, airiños aires» e «Adiós ríos, adiós fontes»

18 Apr 2013. Actualizado a las 19:07 h.

O presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira, e o vicerreitor de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo, Xosé Henrique Costas, presentaron o proxecto Rosalía é Mundial que fai un chamamento á tradución de poemas de Cantares gallegos ás linguas do mundo para celebrar os 150 anos da publicación desta obra. A iniciativa pretende traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos deste poemario: Airiños, airiños aires e Adiós ríos, adiós fontes. O proxecto e a súa web bota a andar con 15 linguas, entre as que se encontran o inglés, o alemán, o romanés, o catalán e moitas outras. O chamamento está aberto até o 1 de xullo e os organizadores contan con chegar a 50 linguas. A coordinación das traducións corre a cargo dos profesores Xosé Henrique Costas, da Universidade de Vigo, e Malores Villanueva, da Universidade de Barcelona. Na inicitiva están a participar profesores de moitas universidades estranxeiras, desde Finlandia até Armenia, xunto cun numeroso grupo de exalumnos dos cursos de galego para estranxeiros da USC e da UVigo. As traducións dos poemas estarán tamén en PDF para poderen ser baixadas por calquera usuario como se for un cartel. Na semana previa ao Día das Letras, o Casco Vello de Vigo estará engalanado con estes carteis-poemas, que a xente poderá descolgalos e levalos.


Comentar