La Voz de Galicia

Andel homenaxea a Xohana Torres

Vigo

Jorge Lamas

Oito personalidades da cultura galega falarán da escritora recentemente falecida os días 7 e 14 de novembro

03 Nov 2017. Actualizado a las 13:31 h.

«Despois de Rosalía ven Xohana Torres», afirmou o académico Xosé Luis Axeitos para situar a figura da escritora nacida en Ferrol que elixiu Vigo como lugar de residencia.

A librería Andel vaise convertir nas dúas vindeiras semanas nun templo á memoria de Xohana Torres, falecida hai uns días en Vigo.

O escaparate do establecemento xa luce o seu particular altar literario coa mostra das primeiras edicións da obra de Torres.

M.Moralejo

O vindeiro 7 de novembro terá lugar, a partir das oito do serán, un acto literario presentado por Axeitos no que participarán Anxo Angueira, Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Rivas e Francisco Domínguez. Tras as exposición dos participantes abrirase un coloquio.

O 14 de novembro volverá a repetirse o mesmo esquema pero coa presenza de Darío Xohan Cabana, Francisco Fernández Rei, Chus Pato e Ana Romaní.


Comentar