La Voz de Galicia

O Marco celebrará mañá o Día dos Museos con varias pezas audiovisuais

Vigo

A iniciativa levarase a cabo a través de YouTube

17 May 2020. Actualizado a las 05:00 h.

Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Marco, que non abrirá as súas portas ate o 2 de xuño, celebrará mañá a data do 18 de maio con diferentes actividades virtuais.

A obra de Yolanda Herranz e a exposición «…Non, aínda non», que se exhibe no primeiro andar, ofrece o punto de partida en relación co tema do Día Internacional dos Museos nesta edición, que é «Museos para a igualdade: diversidade e inclusión». A mostra de Herránz conta cunha instalación mural na que un grupo de dez mulleres recita dúas series de 690 palabras que empezan por a, en feminino e plural, por orde alfabética, recollidas do dicionario da RAE, referidas unhas ao ser e outras ao estar das mulleres. O Marco ofrecerá na súa web e canle de YouTube unha versión gravada desta performance.

Ademais, organizan un obradoiro en colaboración con Apamp, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral. A actividade complementaria da exposición Manuel Colmeiro: espazos e encadramentos, levada a cabo nos talleres do centro, é aberta á participación de todas as persoas usuarias e familias da asociación a través da rede, e dará como resultado unha peza audiovisual composta por diferentes historias. Tamén proxectarán tres curtas documentais sobre identidade do festival Cheap Cuts, en streaming ás 20.00 horas.


Comentar