María Moreira, da Pasarela Cibeles a Cabo Verde
Vigo
24 Feb 2023. Actualizado a las 05:10 h.
Hoxe ás 19.00h. • Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (García Barbón, 5) • Os Venres da EMAO presenta María Moreira. Rompendo moldes na moda. A deseñadora galega cunha recoñecida traxectoria no mundo da moda comezou moi nova coa súa marca e axiña se fixo un oco entre os deseñadores noveis da España dos 80, sendo pioneira na Pasarela Cibeles. Hoxe, xa xubilada, segue a traballar nun proxecto de inclusión a través da moda en Cabo Verde, que leva o nome de Rendeiras Desing Academy. Será presentada por Emma González (mestra de Moda e confección da EMAO). Os Venres da EMAO é unha actividade propia da Escola de Artes e Oficios (a diferencia de outras actividades que se poden desenvolver na Biblioteca da EMAO, organizadas por outras entidades), xa que a dirección do centro pretende consolidar esta marca como un apropiado foro de conexión entre a EMAO e as súas especialidades, e a cidade.