Aperitivo vigués do Festival Sinsal
Vigo
Comezará hoxe cunha xornada especial que terá lugar no Porto de Vigo, concretamente no peirao Transversal
25 Jul 2024. Actualizado a las 05:10 h.
Hoxe • O Festival Sinsal 2024 comezará hoxe cunha xornada especial que terá lugar no Porto de Vigo, concretamente no peirao Transversal, un espazo excepcional da paisaxe intra-extramuros da cidade. O Escenario Océano, que así se denomina a iniciativa que nace a través da alianza entre Sinsal e Kaleido Logistics, contará desde as 20.30 horas cunha programación cultural na que se porá en valor o patrimonio industrial e a riqueza xeolóxica que se agocha nos terreos portuarios (con granitos procedentes de diferentes partes do mundo) da man do divulgador científico Eduardo González Clavijo e, ademais, ofrecerá a posibilidade de visitar unha instalación artística temporal a ceo aberto: un auditorio efímero.
Logo da visita guiada e dunha conversa con Xoán Martínez (director de xeral de Kaleido) e la arquitecta Iria Sobrino actuará Ombligo. Entradas na páxina web de Sinsal.