La Voz de Galicia

O Marco acolle as xornadas de videoxogos e literatura da Carlos Casares

Vigo

La Voz Vigo

Haberá distintas actividades ata o xoves

08 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Dende hoxe ata o xoves, o Marco acollerá as VI Xornadas de Videoxogo e Literatura que organiza la Fundación Carlos Casares. Esta actividade pretende abordar o sector do videoxogo dende una perspectiva transversal, pero sen perder a conexión coa literatura e as relacións con outros sectores culturais e creativos. Esta finalidade xenérica compleméntase co obxectivo de ampliar o coñecemento público do sector e marcar desafíos de futuro.

O evento terá a súa inauguración oficial hoxe as 11.30 horas coa presenza de Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura; Luisa Sánches, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra; Gorka Gómez, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo; e Hakan Casares, representante da Fundación Carlos Casares.

O programa de hoxe, que terá o seu desenrolo ata as 21.00 horas, contará con varias mesas redondas, faladoiros e obradoiros. Entre os temas previstos está un faladoiro sobre a adaptación itinerante dun Hamlet inmersivo utilizando elementos de xogo ou un obradoiro sobre os indies en Galicia.


Comentar