Ramón Trigo e o seu álbum «Labirinto»
Vigo
O presenta na libraría Versus Estará acompañado polo ilustrador Federico Fernández.
31 Oct 2024. Actualizado a las 05:10 h.
Hoxe 20.00 horas • Venezuela, 80 • «Labirinto» é o novo libro do autor vigués Ramón Trigo, que traza unha viaxe simbólica ao corazón de África para descubrir as súas paisaxes, cores, sabores e segredos. Trala presentación da obra en Vigo, Cangas e A Coruña, o autor volve á súa cidade para manter un encontro con lectoras e lectores este xoves 31 de outubro a partir das 20.00 horas na libraría Versus (Venezuela, 80). Estará acompañado polo ilustrador Federico Fernández.