Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Pensar antes dos apriorismos

Camilo Franco

HEMEROTECA

06 jul 2007 . Actualizado a las 12:03 h.

Hai xente que di que no exterior as cousas son diferentes, pero en realidade pensa que son mellores. Venecia sen ti Sobre a arte contemporánea están cruzados demasiados apriorismos. Que se espectáculo, que se especulación, que se xenio e non figura. Todos os apriorismos son certos e todos son falsos porque esa é unha das vantaxes da arte contemporánea: é manexable manual e teoricamente. Para neutralizar os apriorismos estaría ben que as árbores do espectáculo artístico nos deixasen ver o bosque das obras. Que non se confundise a cartelería coas pezas, ou Venecia co Vaticano. E que mesmo que un comisario se equivoque na teoría as obras poden ser correctas. Falar non ten cancelas Os escritores reuníronse en Mariñán para falar das súas cousas: horizontes ibéricos, entre outras. Cando se fala de comunicación entre ibéricos e non presuntos o primeiro que penso é que un tren entre Vigo e Porto tarda catro horas. E que si. Dá moito tempo para ler, pero a literatura así tampouco vale para nada. Sen cancelas 2 Nesta semana o audiovisual galego vai darse unha voltiña teórica. Seguramente se falará máis de industria e de diñeiro que de historias, pero o audiovisual do país é bipolar (e bipartito) e aínda non está moi seguro de a que carta quedarse. Fasbinder Circus O Centro Dramático Galego, despois de anos de saltos no baleiro, chegará ao circo e será sen carpa. Entanto, Miquel Insua, que estivo a punto de dirixir para o CDG na breve etapa Cuñas, estreou no Deutsches Theater unha versión da atormentada historia de Petra von Kant. Virá a España, pero non é seguro que á península Ibérica.