Unha das máximas de case calquera cultura, incluso de algunhas malas, é que ningún desenvolvemento pode sosterse a paus.
13 oct 2014 . Actualizado a las 18:33 h.Unha das máximas de case calquera cultura, incluso de algunhas malas, é que ningún desenvolvemento pode sosterse a paus. E, sen embargo, en canto chegamos ao conflito volvemos á violencia. Debe ser por iso que explica Cambaleo na súa última montaxe: temos tres cerebros superpostos e para estas cousas sempre utilizamos o que se nos quedou de cando eramos saurios.
Unha semana con outra, os libros andan de feira por Galicia. Resultados desiguais e un modelo de contacto cos lectores que se considera desfasado. Non é un mal galego. Porto remata estes días a súa feira. A pesar de ser unha área con case un millón de habitantes e de ser unha feira cun centenar de casetas, as queixas dos libreiros sinalan problemas que lembran aos que escoitamos aquí.
Sgto. Pepper cumpre corenta anos e segue parecendo cousa de rapaces novos. Debe ser así porque os grupos novos están cada vez máis decididos a utilizar a herdanza beatle . Dobarrismo Xa se acuñou outro ismo, este para marcar o territorio de Andrés do Barro. Escoitando a música dobarrista hai dúas cousas que quedan claras: a melodía segue soando fresca e qué difícil é colocar ben os pronomes en galego.
O maior evento musical proxectado pola Xunta para este verán, Vai de camiño, non está organizado pola Consellería de Cultura senón pola de Innovación e Industria a través do Xacobeo. ¿Será este o xeito de industrializar a cultura ou de culturalizar a industria? O programa é amplo: unha verbena moderna e continuada da música galega.