Faltan estudos específicos sobre os usos lingüísticos na emigración

La Voz

CULTURA

02 nov 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística afirma que faltan estudos específicos sobre os usos lingüísticos dos galegos que se encontran na emigración. Nin a propia Administración autonómica nin outras institucións se teñen ocupado deste asunto concreto, a pesar da existencia de acordos e apoios diversos a entidades que promocionan a cultura galega en numerosas comunidades e no estranxeiro.

Política Lingüística ten constancia de que na actualización do mapa sociolingüístico haberá datos oficiais sobre a situación do idioma en comunidades como Asturias ou Castela e León, onde en concellos limítrofes que pertenceron a Galicia ata o século XIX o galego é a segunda lingua máis utilizada e conserva presenza no ensino.

Existe algún estudo especializado sobre os territorios da comunidade autónoma de Estremadura, limítrofes con Portugal, onde utilizan un rexistro lingüístico con moitas semellanzas ao galego. Neses lugares tamén se considera que o galego é o segundo idioma.

A Secretaría Xeral ten un Observatorio , que está centrado exclusivamente na propia comunidade e que ten como finalidade estudar a situación dos usos lingüísticos entre os galegos, e informa da súa actividade en Internet, en www.osbservatoriodalinguagalega.org