Vilarrube, a praia galega predilecta

X. M. / J. B REDACCIÓN / LA VOZ

AL SOL

Paseo por la playa de Vilarrube (Valdoviño)
Paseo por la playa de Vilarrube (Valdoviño) Miguel Cabrera Rodríguez

Foi votada por preto dun 10 % dos lectores dunha selección de 45

30 jul 2022 . Actualizado a las 11:12 h.

Vilarrube, en Valdoviño, é a praia galega favorita dos lectores da Voz de Galicia. Máis de dez mil persoas participaron na enquisa publicada o pasado mércores 20 de xullo na edición dixital. Composta por un total de 45 areas, ocupan as cinco primeiras posicións a xa mencionada Vilarrube (9,4 %), Carnota (8,9 %), Rodas (8,5 %), A Lanzada (4,2 %) e As Catedrais (4 %). A menos votada é de Ancaradouro, en Bueu.

Algúns dos usuarios que non atoparon na listaxe a súa preferida tiveron a ben deixar un comentario. «Prefiro non dicilo. Demasiado bonita para que se encha de xente» e «Si no la nombras no se abarrotará», escribiron con suspicacia Heidi Ourens e Pablo Maestú, respectivamente. Outro usuario, Pulo, tira de ironía para dicir que a súa preferida é a de Lamiña, na Guarda, por atoparse preto de Braga e así evitar «os efectos do jet lag causados pola diferenza horaria», mentres que Leti Enece pensa que «praias como as do fin da terra ningunha». «Fue, sin duda, en la playa de Traba (Laxe) donde pasé más tiempo gozando de playa y mar, y soledad», comparte o usuario Paya.