Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«A meirande parte dos turistas que veñen ó hostal son de Madrid»

Millán Gómez

A MARIÑA

18 ago 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

o vicedo | Manuel Arcos Gómez é un veciño do Vicedo e adícase dende fai 17 anos á hostalería. Arestora, rexenta o Hostal «O Remo», situado na rúa Rosalía de Castro desta vila. En vindeiras datas, abrirá un mesón cun amplo abano de racións de polbo, calamares, raxo, zorza, etcétera. Moitos vicedenses e turistas aínda lembran as exquisitas paellas e outros pratos que se podían degustar no antigo restaurante «O Remo», propiedade de Arcos.

-Este verán non está a facer un tempo tan bo coma en anos anteriores, ¿isto estase a reflectir no sector?

-Nós temos unha ocupación coma sempre. Agora mesmo, estamos ó 100 %. O tempo inflúe, mais unha porcentaxe alta dos turistas saben a onde veñen. Se hai dous ou tres días malos, a xente vaise. Abrimos todo o ano, pero temos demanda, sobre todo, no verán e en Semana Santa. E en agosto estamos completos.

-¿De onde proceden a cotío os turistas que chegan ó seu hostal ?

-A meirande parte deles proveñen de Madrid, aínda que tamén chega xente dende outros puntos de España coma Barcelona ou Valladolid.

-Vostede é testemuña directa da evolución turística no Vicedo, ¿cómo viviu este troco?

-Sen ningunha dúbida, mudaron moito as infraestruturas da construción. Coma empresario da hostalería, interésame esta evolución, aínda que se falo coma cidadán pois non me gusta tanto. Digamos que neste senso teño sentimentos encontrados.