«Este sábado temos no mesón, en Foz, ao récord Guinnes cortando xamón»

Y. García

A MARIÑA

25 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O 3 de decembro do ano pasado abría as súas portas o mesón vinoteca A Terriña en Foz. É a primeira incursión no mundo da hostalería que fai o seu dono, Jesús Teijeira (Villaronte, 1963), aínda que tivo anteriormente un pub en Ribadeo «pero nin sequera chegara a traballar nel». No 2007 vendeu a empresa Alquicosta e actualmente tamén se dedica á distribución para toda Galicia de Eurocasa.

-¿Como vai o mesón?

-Para os tempos que corren vai moi ben. Temos 200 referencias de viño, hainos de doce a cento e pico euros. Non había nada por Foz así.

-Xamón e viño fan unha parella...

-Perfecta, efectivamente. Aquí ofrecemos xamón ibérico de bellota, chorizón, salchichón... todo produto ibérico pero o que máis nos atañe é o xamón. Este sábado 28 faremos o Día do Xamón Ibérico de Bellota: unha ración de ibérico de bellota e botella de Rioja Baigorri ao prezo de 20 euros cando o normal son 33. Vai haber tamén un curso de corte de xamón impartido polo Record Guinnes á loncha máis longa (13,90 metros), Nico Jiménez, campión de España de corte. Particulares e hostaleiros poden reservar praza para o curso no 982 140 213 ou 660 49 34 81. E a mediodía e á noite todo o xamón que se consuma será cortado por el.

-¿Que especialidades ofrecen?

-Independientemente do tema do ibérico, temos especialidades de bacallau, rabo de toro e todos os postres que se venden son caseiros.