A rede de Mapfre na Mariña distribúese por toda a comarca a través de oficinas directas e delegadas, que dependen das primeiras. A recente reestruturación que fixo a aseguradora na costa lucense acaba de materializarse a través da segunda oficina directa, aberta en Burela (rúa Eijo Garay, 17) e que xunto coa de Ribadeo atenderán toda a zona, repartíndose o territorio. O obxectivo, según o director da burelense, Javier Suárez, é «atender mellor a zona da Mariña».
-¿Que traballo levarán a cabo dende esta nova oficina burelense?
-A nosa función é o desenrolo de toda a zona, non só de Burela. Somos catro persoas, unha de atención ao público, eu o director, e dous asesores comerciais cun equipo que conforman as oficinas delegadas. Queremos prestar servizo ás oficinas que temos e seguir desenrolando a zona, buscando novos colaboradores, se é posible. Abrimos para potenciar a zona da Mariña, cunha cota importante.
-Por certo, ¿Mapfre é a primeira aseguradora nesta comarca?
-Somos a primeira xa en Galicia e Lugo. Dentro da provincia, A Mariña é onde mellor posicionados estamos.
-¿Por algunha razón en especial?
-Mapfre fixo 75 anos no 2008, pero realmente o seu desenrolo empezou polos 80. Polo bo facer da xente de aquí se creou unha estrutura que fixo que Mapfre fora privilexiada. Temos oficinas en todos os sitios da Mariña e oficinas dende hai máis de 20 anos (coma a de Aquilino en Viveiro).